martes, 17 de marzo de 2015

A orde das cousas.

O 27 de febreiro asistimos a unha charla na biblioteca do noso instituto, durou sobre unha hora máis ou menos. Esta charla concienciounos sobre o problema da violencia de xénero. Deuna unha muller chamada Amanda Díaz Pérez presidenta das Quetas, a asociación contra a violencia de xénero de Lugo. Estudou psicoloxía, un máster de igualdade de xénero e outro máster de comunicacións en Santiago de Compostela. 
Durante a presentación Amanda amosounos un vídeo chamado "El orden de las cosas" feito polo concello de Madrid.
Análise do vídeo: O vídeo comeza cunha muller (Julia) metida nunha bañeira e co seu marido (Marcos) dicíndolle que sempre a vai amar. Na seguinte secuencia Marcos coa axuda do seu fillo (Marquiños) busca o seu cinto. Marcos pregúntalle a Julia se sabe onde estaba o cinto, ela queda calada ocultándoo na bañeira xa que o cinto era a arma coa que o marido agredía a sua muller. Marquiños decátase de que a súa nai ten o cinto de Marcos, pero para protexer a súa nai non o conta. Nese intre entra o pai ao servizo e a Marquiños rómpeselle o xoguete, esto simboliza a ruptura da infancia do cativo. Pasan os anos e Julia segue encarcelada na bañeira ocultando o cinto. Marquños foise da casa e intenta falar coa súa nai por teléfono pero o pai non o permite. Un día os irmáns de Marcos chegan a súa casa e as súas mulleres que tamén están sometidas ós seus maridos animan a Julia a devolver o cinto a Marcos. Anos máis tarde, Marcos que xa é unha persoa maior consegue quitarlle o cinto a Julia, que en todo o vídeo non envelleceu. Os dous forcexean e a auga da bañeira inunda o servizo, Julia buceando chega a unha praia na que hai moitas bañeiras máis. Nos creemos que estas bañeiras representan a todas as mulleres que sufriron violencia de xénero.
Na nosa opinión a charla serve para nos concienciar sobre a violencia de xénero e o maltrato que sofren algunhas mulleres, a maioría das que sofren estas agresións non o din nin a policía nin aos seus familiares debido ao medo que teñen ás represalias dos seus agresores ou dos que lles poidan facer éstes se o contan. Dende aquí animamos a todas as mulleres sofren calquer tipo de agresión, tanto física como psicolóxica, a que non teñan medo e comezan unha nova vida afastadas dos seus agresores.


Amanda Díaz Pérez








No hay comentarios:

Publicar un comentario